Cheques Dixitalización COVID-19 do IGAPE

Published by Luis on

Cos Cheques Dixitalización COVID-19, Igape busca financiar proxectos de dixitalización  para adaptar os seus procesos á nova situación. Sectores coma a hostalaría, o Turismo, o comercio ou entidades intermedias poden precisar de novo equipo ou software para adaptarse ós novos modos de traballo provocado polo COVID-19. 

Quen se pode beneficiar

Os beneficiarios dos Cheques Dixitalización COVID-19 do Igape son os autónomos ou microempresas dos sectores da hostalaría, turismo, transporte, comercio polo miúdo, perruquería e estética persoal, tintorerías, servizos de reparación, algunhas entidades de formación, entidades de economía social e entidades asociativas (empresariais ou laborais). Na orde poderanse ver todos os CNAE admitidos.

Logotipo de Igape
Cheques Dixitalización COVID-19 de Igape

Que se pode financiar

Cos Cheques Dixitalización COVID-19 do IGAPE pódense financiar tanto equipos como software:

  • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de “check-in” / “check-out”.
  • Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas online sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
  • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras
  • Sistemas de control de normas de calidade Covid-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en “Low code automation”
  • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas
  • Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
  • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para Hostalería (menús, cartas, …)
  • Sistemas de balizas
  • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por Covid-19.
  • Adaptación da presencia en internet ao efecto do Covid19, mediante elementos como “bots” de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas “pick and go” (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
  • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
  • Solucións de mellora da ciberseguridade.
  • De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Características do programa

O prazo de presentación das axudas dos Cheques Dixitalización COVID-19 do Igape comezará o 19 de xuño e rematará o 30 de setembro de 2020 ou ata esgotar o crédito.

Cos Cheques Dixitalización COVID-19 do IGAPE pódese subvencionar un 80% do orzamento da solución (máximo de 9.600€), e está suxeito a rexime de mínimis. O orzamento deberá estar entre un mínimo de 1.500€ e un máximo de 12.000€.

A liña de axudas Cheques Dixitalización COVID-19 do IGAPE ten un período de execución dende o 14 de marzo de 2020 até o 15 de novembro de 2020. E a resolución da axuda comunicarase nos 30 días seguintes á presentación da proposta.

Os gastos subvencionables son activos equipos, licenzas, dispositivos de conectividade… Tamén son considerados os gastos de subscrición a software, colaboracións externas. A suma dos activos e as subscricións non poderán superar os 10.000€. A contía máxima financiable das colaboración externas é de 4.000€.

Máis información

Nesta ficha de axuda do Igape se poden atopar máis información sobre esta liña de axuda e nas bases reguladoras DOG 18 de xuño de 2020 está a información completa. Tamén pode consultarnos cubrindo o seguinte formulario.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *