Aplicacións

Con software, aplicacións ou app referímonos a aplicacións, apps, , programas, software, ferramentas… Ese algo da informática que precisamos para traballar máis e mellor. Estas aplicacións poden ter como finalidade as facer videoconferencias, copias de seguridade, para ver películas… Ou calquera outra cousa. Se estas aplicacións son gratis, aínda mellor.

O confinamento debido ó Coronavirus neste ano 2020 puxo en primeira liña as aplicacións de videoconferencias e reunións remotas como por exemplo Zoom, Telmex, Cisco Webex, Skype ou Teams, entre outras.

Traballar dende casa, fóra da oficina, o teletraballo, foi para moitos un cambio sustancial do seu modo de traballar, cas súas desvantaxes, pero permitiu seguir a traballar ás empresas.

Outros tamén tiveron que mudar o seu xeito de relacionarse cos profesores, a teleformación está sendo un cambio moi grande, especialmente en colexios, institutos.

Imaxe dun ordenador no sofa dunha casa
Teletraballo

Pero o COVID-19 neste ano 2020 tamén puxo en apuros á seguridade tanto física como lóxica, ás aplicacións ou ferramentas colaborativas e outras tantas que mantiveron a conectividade e os sistemas en marcha. Moitos profesionais que non se viron, pero que si se sentiron cando todo estaba a funcionar como se precisaba (alguén falou das telecomunicacións, os programas, os sistemas?)

Hai moitas necesidades diferentes, e posiblemente unha aplicación ou software que solucione en parte as súas necesidades. E se por riba a aplicación é gratis, mellor que mellor.

Autofirma, firma electrónica de documentos, desenvolto por Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

Autofirma firmar documentos con certificado dixital

Autofirma é a aplicación que vai permitir firmar documentos con un certificado dixital. Autofirma foi desenvolto polo Ministerio de Hacienda ...
Ler Máis
Pantalla da app Líneas de Ayuda do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital

A app “Líneas de Ayuda”

Líneas de Ayuda é unha ferramenta do Ministerio de Asuntos Económicos y Transf. Digital dispositivos móbiles. A app ou aplicación, ...
Ler Máis
Logo da Fabrica Nacional de Moneda y Timbre

O certificado dixital

Como obter certificado dixital é laborioso, pero unha vez que se ten preguntaraste cómo puideches pasar tanto tempo sen esta ...
Ler Máis

Solucións tecnolóxicas

Como recomendación xeral, unha aplicación illada pode ser unha boa solución para un problema puntual. Pero se o problema deixa de ser puntual, quizais necesite dunha solución de maior calado e ben implementada.

Por todo esto, recomendámoslle que acuda a algunha empresa especializada na implantación das solución tecnolóxica, o que lle permitirá ter unha solución ben implantada, máis segura e con menos quebradeiros de cabeza.

As solucións tecnolóxicas, as aplicación, o software… Permitiron en certa medida facer fronte á situación de illamento que sufrimos pola COVID neste ano 2020.

O teletraballo e as videoconferencias

O teletraballo é unha oportunidade para todas as empresas, tanto PEMES como autónomos, para poder continuar a súa actividade dende fóra do seu sitio habitual. É unha das ferramentas chave para permitir que as empresas podan seguir traballando dende casa, por exemplo.

Imaxe dun ordenador no sofa dunha casa
Teletraballo na nova normalidade

Se o teletraballo está ben implantado permitirá ós profesionais traballar fóra da oficina como se estiveran nela, favorecendo a súa continuidade. Moitas empresas e autónomos sufriron o non poder estar na oficina, por non se preparar a tempo. Pasou unha vez, que non nos volva pasar.

Nestes días, as videoconferencias e a formación en liña permitiron manter as reunións que tiñamos previsto. Contar coas ferramentas adecuadas para manter esas xuntanzas facilita que sexan mais produtivas.

A dixitalización da empresa

Esta foi unha proba de resistencia para todas as empresas, por iso, nestes momentos quizais esteas a valorar mudar o xeito que ten a túa empresa de traballar, afrontar un proceso completo de renovación, aplicar unha dixitalización completa do teu negocio. Non só aplicar unha ferramenta puntual, senón unha restructuración completa que permita traballar desde calquera punto.

¿Falamos?

Aquí recollemos unhas poucas aplicacións gratuítas que poden resolver pequenos (ou grandes) problemas. Pero se o que precisas non o atopas pode contactar con nós, é un servizo gratuíto gracias a Deputación de Ourense e o CPEIG.