Subvencións e axudas
As subvencións, as liñas de axuda e o financiamento fronte a COVID neste ano 2020 e que as administracións están a poñer en marcha son varias e perseguen diferentes obxectivos. AxudasCOVID reúne estas axudas nun único punto para consultalas e axudar ás empresas, ós autónomos, e á cidadanía a adaptarse á nova situación.

As liñas de axuda e financiamento fronte a COVID xorden de varias administracións e entidades. Entre as que se poden contar a Xunta de Galicia, as deputacións (a de Ourense entre elas), organismos, concellos, e tamén outras estatais.
Subvencións da Deputación de Ourense

Hospital de Emprendedores da Deputación de Ourense
Ler Máis


Subvencións a PEMES afectadas polo COVID 19
Ler Máis



Autónomos acollidos ó cese de actividade polo COVID19
Ler Máis
Subvencións da Xunta de Galicia
- Re-acciona TIC das axencias Igape, Amtega e Gain pertencentes á Xunta de Galicia. Re-acciona TIC é un progama que xira en torno a 4 eixes de competitividade: estratexia, profesionalización, dixitalización e innovación. E se poden usar 15 servizos orientados a cada un destes eixes.
- Os Cheques de Dixitalización COVID-19 son as axudas de Igape para sectores da hostalaría, turismo, comercio ou entidades intermedias. Está pensada para as empresas ou autónomos que precisan novo equipamento ou software para adaptarse ós novos modos de traballo.
- A axencia galega Gain no momento de escribir ten abertas varias convocatorias de apoios. Entre os tipos de axudas atópanse: Talento Sénior, Principia, InnovaPeme, H2020, Préstamos IFI Innova, Conecta Hub(DIH), Bonox (DIH).
Subvencións de entidades estatais
- Red.es no marco do programa Acelera PYME creou varias liñas de axuda. Estas teñen como obxecto impulsar ás empresas que basean a súa economía no dato e nos contidos dixitais. Tamén ó desenrolo de solucións en intelixencia artificial e novas tecnoloxías habilitadoras e ás startups innovadoras.
- Red.es lanzou dous servizos. Un deles orientado a formación e orientación laboral para desempregados e outro para o emprego de mozos non ocupados. Estas dúas licitacións suman 36 millóns de euros destinados a formación en economía dixital.
Todas as subvencións, premios, axudas e becas
Para poder consultar todas as subvencións, premios, axudas e becas que se dan no estado, contamos con 2 ferramentas:
Por mor da COVID do ano 2020, e segundo se establece no artigo 9 del Real Decreto 537/2020, de 22 de mayo, os prazos administrtivos foron suspendidos durante o estado de alarma, e reanudáronse o 1 de xuño de 2020, é recomendable que se comproben os prazos nos propios organismos convocante das axudas.