Hospital de Emprendedores da Deputación de Ourense

Published by Luis on

O Hospital de Emprendedores da Deputación de Ourense é unha subvención a autónomos e pequenas empresas da Deputación de Ourense. Esta subvención é en especie, polo que a deputación cede un posto de oficina con acceso a Internet e mobiliario básico no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Cada un dos 40 postos poderanse usar ata o 31 de agosto do 2020. O horario será de 8.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, de luns a venres salvo os festivos.

Quen pode solicitar a subvención?

A subvención Hospital de Emprendedores da Deputación de Ourense pódena solicitar os autónomos ou PEMEs (de ata 5 persoas) ourensáns. Os que así o desexen deben ter recoñecida a prestación extraordinaria por cesamento de actividade segundo artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

Cando podo solicitar a subvención?

Dende o día seguinte a seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Manterase aberto ata a data que se esgoten 40 espazos dispoñibles, pechándose en todo caso o 01.08.2020.

Máis información

Aquí hai máis información sobre o Hospital de Emprendedores. Tamén puxo en marcha outras subvencións.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *