Talento Sénior
Gain lanza o programa Talento Sénior 2020 que ten por obxectivo a contratación de persoal de alta cualificación, con máis de 5 anos de experiencia profesional, e por un período mínimo de 3 anos.
Os incentivos son do 40%-60% da contratación en función da retribución bruta do persoal. O orzamento da convocatoria é de 960.000€ e prevense contratar a 14 profesionais.

Quen pode solicitar esta subvención?
So poderán solicitar estas subvencións as empresas ou os organismos de investigación públicos non universitarios, ou privados galegos.
Máis información
Podes consultarnos se tes dúbidas, ou consultar outras subvencións e liñas de axuda.
0 Comments