3 aplicacións para copias de seguridade

Published by Luis on

Neste artigo ímos contar 3 Aplicacións gratuítas para copias de seguridade. Son unha grande elección para ter un respaldo da nosa información importante, que será moi útil cando as cousas fallen.

As aplicacións para copias de seguridade son unhas das ferramentas que máis nos acordamos delas… Cando non as temos. ¿Por que? Porque todo falla nalgún momento, e por iso, as copias de seguridade nos axudarán en momentos críticos nos que un virus, un fallo eléctrico, un borrado accidental impida dispor da nosa información importante.

A finalidade dunha aplicación para copia de seguridade é duplicar os datos importantes que están almacenados nun ordenador ou dispositivo móbil.

As aplicacións de copia de seguridade

Como todo falla nalgún momento as ferramentas de copias de seguridade salvarannos nese momento en que algo non está funcionando correctamente. As aplicacións gratuítas para copias de seguridade que aquí listamos son un pequeno exemplo de todas as ferramentas que existen.

A instalación da ferramenta non será suficiente se non se acompaña dunha boa configuración, unha boa periodicidade de comprobación das copias de seguridade feitas, nin dos dispositivos onde se gardan estas copias de seguridade. Por iso, no caso de que desexe coñecer máis a fondo estas e outras cuestións recomendámoslle que acuda sempre a un profesional: pode contactar con nós ou tamén con algunha das empresas especialidadas do Cluster TIC.

Copia de seguridade de Windows

O sistema operativo Microsoft Windows posúe unha ferramenta que permite as copias de seguridade dos arquivos persoais máis improtantes. Pode deixar que Windows seleccione a información a gardar, ou seleccionalo vostede.

Logotipo de Microsoft, quen ten unha aplicacións gratuíta para copias de seguridade

Estas copias de seguridade ben as pode facer manualmente ou programalas para que as faga o sistema por si mesmo. O importante será almacenar as copias de seguridade noutro disco duro, memoria USB, DVD…

Neste manual explica como configurar as copias de seguridade en Microsoft Windows 10, e tamén outras versións como Windows 7, ou Windows 8.

Clonezilla

Clonezilla é unha aplicación que serve para clonar tanto os discos como as particións e permitir clonar unha máquina individual, partición ou disco para poder reproducilo noutro medio. Pode usarse tanto para Microsoft Windows, como Linux ou Mac. Tamén pode clonar varios equipos á vez se se utiliza Clonezilla Server

Logotipo de Clonezilla, aplicacións gratuíta para copias de seguridade

Clonezilla é software libre de recuperación ante desastres. Clonezilla Live permite ós usuarios clonar (facer unha copia exacta) unha máquina individual, unha partición ou disco para ser reproducido noutro medio. Se se atopa nunha rede, Clonezilla Server permite clonar simultáneamente varios ordenadores a través da rede.

Pode atopar máis información aquí.

Fbackup

Fbackup é outras das aplicacións para copias de seguridade gratuítas para o sistema operativo Windows. Ten unha interface simple e un asistente para configurar cómo facer as copias de seguridade.

FBackup Logo
Interface da última versión de Fbackup aplicación gratuítas para copias de seguridade
Interface da última versión de Fbackup

A última versión pode descargarse na páxina web de fbackup.

Outras

Existen moitas outras ferramentas e aplicacións gratuítas para copias de seguridade: rsync, Helium unha app para Android Sync and Backup, Time machine… O importante é ter as copias de seguridade feitas.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *