Inicio
Deputación de Ourense, Clúster TIC de Galicia e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática colaboran para poñer en marcha AxudasCOVID.



AxudasCOVID permitirá a PEMES e autónomos ter un punto de consulta das axudas e liñas de financiamento dispoñibles, como tamén das empresas do Clúster TIC que permitan implantar as ferramentas software necesarias para a súa dixitalización.
O sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) está reunido no Clúster TIC de Galicia. Agrupa as empresas, asociacións empresariais e profesionais, colexios e outros axentes do sector das TIC de Galicia.
Dende os seus inicios, o Clúster TIC pon en valor o macrosector TIC galego. Favorece a colaboración entre empresas. Por unha banda aproveita a capacidade tractora das grandes. Por outra, a axilidade e capacidade para a innovación das empresas de menor tamaño.
Todo isto se traduce en sinerxias que favorecen o cambio no modelo produtivo. A innovación e a productividade será o modelo produtivo, e creará emprego de calidade e riqueza en Galicia.
AxudasCOVID e o Clúster TIC de Galicia reunen a empresas punteiras do sector TIC de Galicia que están especializadas no subministro e implantación dos servizos. Estas empresas tamén están preparadas para realizar o soporte técnico necesario despois da adaptación tecnolóxica da súa empresa.
Falamos
Se o prefires, podes contactar con nós directamente e axudarémoste a tomar a mellor decisión. Este servizo é gratis gracias a Deputación de Ourense e o CPEIG.