Liña de axuda Re-acciona TIC
A liña de axuda Re-acciona TIC comprende un esquema de servizos para mellorar a competitividade empresarial das PEMES para dotalas dun maior valor engadido e permitir que melloren e incorporen novos coñecementos ás súas estruturas.



Re-acciona TIC é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain que xuntan 15 servizos. Estes servizos xiran en torno a 4 eixe de competitividade: estratexia, profesionalización, dixitalización e innovación.
En liñas xerais, Re-acciona quere axudar ás empresas a desenvolverse mellor no mercado gracias a novos coñecementos. Axentes especializados na área de traballo axudarán ás empresas a incorporar esos novos coñecementos na súa empresa.
Débese aclarar que non son subvención a fondo perdido, é unha axuda en especie.
Desenvolvemento estratéxico
O eixe de Desenvolvemento estratéxico das empresas consiste en 4 servizos:
- Análise de potencial Competitivo
- Proxecto de futuro e plan de mellora empresarial
- Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal
- Análise de cumplimento Normativo e riscos legais
Pódese ver o webinar ou seminario completo deste eixe no seguinte vídeo.
Profesionalización
Tamén está orientado a servizos, os cales poden ser:
- Mellora da xestión financeira e procura de financiamento
- Optimización da produción e a cadea loxística
- Relanzamento comercial
- Preparación de procesos certificables
No seguinte vídeo está o resumo de cómo se artellan estes servizos e os axentes externos que axudan na implantación dos novos coñecementos.
Dixitalización
O eixe de Dixitalización comprende os servizos de:
Innovación
A liña de axuda Re-acciona TIC tamén ten un eixe centrado na innovación das PEMES.
- Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
- Protección da innovación
- Asesoramento para o financiamento da innovación
Como cubrir a solicitude de axuda Re-acciona
Cubrir a solicitude de axuda Re-acciona TIC pode ser laborioso, pero merece a pena, e ademais, neste vídeo os propios técnicos explican nun caso práctico como cubrir esta solicitude.
Se estas liñas de axuda non se adaptan a súa PEME, pode consultar outras liñas de axuda, ou contactar con nós aquí.