Subvencións a PEMES afectadas polo COVID 19

Published by Luis on

A Deputación de Ourense puxo en marcha a subvención a PEMEs afectadas polo COVID19 ou Coronavirus do ano 2020.

OUrensanía
A Deputación de Ourense promove a OUrensanía

Quen pode solicitar a subvención?

Esta subvención destinada a PEMEs da Deputación de Ourense pódena pedir as persoas físicas, xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica. Deberán residir nun municipio de Ourense de menos de 20.000 habitantes, e estar dadas de alta no IAE.

Non se terá en conta como situación de peche obrigatorio o período comprendido entre o 30 de marzo e o 9 de abril de 2020 (segundo Real decreto lei 10/2020).

A súa facturación durante o período do 14 de marzo ao 30 de abril de 2020 debéuse redudir mínimo un 50% respecto á facturación media de 2019. Farase unha comparación entre a facturación a efectos de IVE realizada en 2019 declarada (modelo 390) ante a Axencia Estatal Tributaria, dividida entre 12 e multiplicada por 1,5, e a facturación correspondente ao período entre o 14 de marzo e o 30 de abril de 2020 resultante do libro rexistro de facturas emitidas da empresa solicitante.

Contía da subvención

O crédito disponible de 550.000€ será dividido entre todos os solicitantes que teñan dereito á subvención.

Esta subvención da Deputación de Ourense destinada a a PEMEs afectadas polo COVID19 non precisa de xustificación. Tampouco está suxeita ó cumprimento de ningunha condición.

Sen embargo, como toda subvención pública, a Intervención da Deputación Provincial poderá realizar controis financeiros conforme co previsto nas bases reguladoras (BOP do 12 de maio de 2020) e no Título III da Lei xeral de subvencións

Máis información

Neste artigo da Deputación de Ourense podes consultar máis información, ou neste formulario de contacto.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *