AxudasCOVID nace en 2020 gracias a Deputación de Ourense e ó Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Desexando axudar a Ourense a adaptarse á nova situación fronte a COVID-19, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Fernando Suárez, presidente do CPEIG, asinaron este convenio de colaboración.

Xuntos, Deputación Ourense e CPEIG, axudan Ourense na transformación dixital dos negocios e das empresas. E así adaptarse á nova situación derivada da COVID-19 que a todos nos tocou neste ano 2020. AxudasCOVID é punto de consulta de liñas de axuda, subvencións e financiamento. Por unha banda as empresas, especialmente as que non pertencen ó sector tecnolóxico, poderán consultar as convocatorias públicas de financiamento. Por outra banda, gracias ó Cluster TIC de Galicia, haberá un catálogo das empresas galegas das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) de prestadores de servizos.

Deputación de Ourense e CPEIG, axudan a Ourense a facer fronte ás consecuencias da COVID-19. Ambas institucións manteñen unha comunicación fluída, a prol da modernización do tecido empresarial, autónomos, PEMEs, e grandes empresas. Pero sempre da mán das persoas.

AxudasCOVID tamén reunirá ferramentas cotiás para facer que a vida dixital das empresas e das persoas sexa máis fácil.

Neste formulario de contacto poderá enviarnos todas as consultas que desexe, contestaremos as súas dúbidas o antes posible. É un servizo gratuito gracias á Deputación de Ourense.

Novas

todas as novas que arrodean a AxudasCOVID