Liñas de axuda de Gain
Gain ten abertas unhas serie de liñas de axuda para as empresas con forte carácter innovador para este ano 2020.
Quen é Gain.
Gain é a Axencia Galega de Innovación. É unha axencia pública autonómica con personalidade xurídica propia adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
A finalidade de Gain é fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas.
As liñas de axuda ou as convocatorias de Gain que nestes momento están abertas ou pendentes de publicación no ano 2020, son as seguintes.
Talento Sénior
Talento Sénior 2020 ten por obxectivo a contratación de persoal de alta cualificación, con máis de 5 anos de experiencia profesional, e por un período mínimo de 3 anos.
Os incentivos son do 40%-60% da contratación en función da retribución bruta do persoal. O orzamento da convocatoria é de 960.000€ e prevense contratar a 14 profesionais.
Programa Principia
A liña de axuda de Gain Principia consta de axudas de 10.000€ para a contratación de persoal. O período mínimo de contratación é de 1 ano para realizar activiadades de I+D+i. Ten un bono de formación de 1.000€ dirixido ás persoas contratadas.
Orzamento de 1,18M€ e estímase que apoiará á contratación de 105 técnicos.
InnovaPEME
Plans de Innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes InnovaPEME. Estas axudas están destinadas ó financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación para sistematizar o procesos de innovación.
Está dirixido a microempresas e PEMES de Galicia, cun incentivo do 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (axudas entre 40.000€ e 100.000€). Son subvencións a fondo perdido e que ten un orzamento total de 2,7M€.
H2020
Entre as liñas de axuda de Gain está H2020 que ten por obxectivo o aumento do retorno conseguido polas entidades galegas no Programa Marco. Busca a coordinación estratéxica entre o Programa Marco e o Programa Operativo Feder-Galicia que mellore a eficiencia e eficacia no Sistema Galego de Innovación do financiamento destinandoa a I+D+i
Ten 2 liñas de apoio. Por unha parte á preparación de propostas de calidade ó Programa Marco. Por outra, as liñas 2.1 e 2.2 son de financiamento do desenvolvemento dunha proposta individual presentada á Fase 1 (liña 2.1) ou á Fase 2 (liña 2.2) do Instrumento PEME ou EIC-Accelerator Pilot.
Préstamo IFI Innova
Os Préstamos IFI Innova teñen tipos de interese reducidos para PEMEs galegas que executen proxectos de I+D+i co obxectivo de mellorar a posición competitiva da empresa.
Conecta HUB
Pensados para proxectos de I+D+i en cooperación orientados a retos estratéxicos para Galicia. Incluirase o apoio á innovación en produto e unha liña específica para COVID-19.
Os beneficiarios serán as PEMEs, e poderán participar as grandes empresas cando o seu papel sexa necesario. As axudas estarán entre o 15-80%.
Pódense consultar as iniciativas nesta ligazón de GAIN.
Bonos
O financiamento a través de bonos de servizos de apoio orientados á integración de innovacións dixitais nas pemes. O obxectivo é mellorar as a competitividade das PEMES.
Formarán parte da carteira de servizos dos DIH. As axudas poderán chegar ata o 80%.
Pode atopar outras liñas de axuda neste enlace, ou tamén pode contactar con nós.