Autónomos acollidos ó cese de actividade polo COVID19
A Deputación de Ourense puxo en marcha a subvención a autónomos por cese de actividade polo COVID19. Esta subvención de 600€ pódena solicitar os autónomos que se acolleron a situación de cese de actividade no ano 2020.

Quen pode obter a subvención?
Poden obter a subvención os autónomos da provincia de Ourense. Debe ter o seu domicilio nun municipio de menos de 20.000 habitantes.
Ademais debe ter recoñecida a prestación por cesamento de actividade. Recollido no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facerlle fronte ao impacto económico e social do COVID 19.
Tamén poden optar á subvención os autónomos que non teñan recoñecida a prestación por cesamento de actividade. De ser así, o autónomo debeuse atopar en situación de incapacidade temporal ou baixa por maternidade, paternidade, adopción por acollemento ou tutela dun familiar durante o estado de alarma. Deben darse o resto de requisitos previstos no artigo 17 do Real Decreto Lei 8/2020.
Cando solicitar á subvención
Pode solicitar a subvención en calquera momento. Chega con que se acolleron á devandita situación e lles fose recoñecida durante o estado de alarma.
Contía da subvención
A subvención a autónomos por cese de actividade polo COVID19 ten unha contía de 600 euros.
Non son necesario xustificar cómo se gastan. Pero débese ter en conta que a Intervención da Deputación Provincial poderá realizar controis financeiros conforme co previsto nas bases reguladoras (BOP de 12 de maio de 2020) e no Título III da Lei xeral de subvencións.
Máis información
Neste artigo da Deputación de Ourense podes consultar máis información, ou neste formulario de contacto.
0 Comments