O certificado dixital

Published by Luis on

Como obter certificado dixital é laborioso, pero unha vez que se ten preguntaraste cómo puideches pasar tanto tempo sen esta marabilla.

Que é o certificado dixital

O certificado dixital ou certificado electrónico é un arquivo que está firmado electrónicamente por unha autoridade na que confiamos. O certificado dixital une un código a unha persoa, de xeito único. Así, se Manuel usa ese código para asinar calquera documento, será como se Manuel asinase ese documento. Se ese documento asinado coa firma dixital de Manuel se modifica, a firma do documento non será válida.

O certificado dixital que usamos normalmente para identificarnos ante a administración é un certificado dixital que ten 2 partes: unha parte privada, que só debe estar en posesión do propietario, e por outra unha parte pública, que se pode dar a coñecer. Con este certificado dixital podemos facer gran cantidade de trámites ante a administración como por exemplo: consultar as operacións de pagamento en Facenda, consultar os puntos do carné de conducir na DGT, ou o informe de vida laboral da Seguridad Social

Todo esto, dende o noso ordenador, a calquera hora e sen facer colas. Todo vantaxes!!!!

Quero obter o meu certificado dixital

Para obter o certificado dixital, en primeiro lugar debes saber que hai varios tipos de certificados dixitais: de peroa física, ou de representante son os habituais. O certificado dixital de persoa física non ten custe para a persoa que o solicita, e vai ser este o que se explique nestas liñas.

Para solicitar o certificado dixital de persoa física, solicitarémolo na Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT), e que recordemos non ten custe para a persoa que o solicita.

Cómo solicitar o certificado dixital na FNMT

Para solicitar o certificado dixital na FNMT, debemos facer 4 pasos, en orde. E ter en conta de que imos solicitar un documento importante á administración, co que nos imos identificar ante a mesma e ante o mundo enteiro, polo que debemos ter coidado cos pasos que debemos facer. Non é medo. É coidado 🙂.

Para solicitalo, deberemos facelo cun ordenador, ó cal debe estar o máis actualizado posible, e que non se vaian facer cambios sustanciais nel (como por exemplo, actualizacións, cambios de disco duro…) mentres solicitamos e descargamos o certificado.

1. Preparación

Tal e como contan nas consideracións previas da FNMT, debemos ter en conta especialmente as seguintes cuestións:

  • Hai que ter en conta que todo o proceso se fará no mesmo ordenador, co mesmo usuario e co mesmo navegador.
  • Non se poderán facer actualizacións no equipo, mentras se solicita e se descarga o certificado.
  • Ás veces é necesario desactivar o antivirus durante a solicitude e descarga.

O navegador que deberemos usar é o Firefox versión 68 (aquí explica como instalar a versión 68 de Firefox) ou Internet Explorer (non é válido o Microsoft Edge de Microsoft Windows 10, nin outros navegadores como Opera, Brave, Safari…).

Importante!!! cambian os pasos dende mediados de agosto de 2020

Importante, dende mediados de agosto do 2020 este proceso cambiou, e segundo se recolle na FNMT débese instalar un software para a xeración das claves. Este software para a xeración das claves depende do sistema operativo (Microsoft Windows, Mac, Linux) e da arquitectura do mesmo (32 ou 64 bits).

Se non sabes se o teu ordenador é de 32 ou 64 bits, ten en conta que se o teu ordenador é relativamente novo (menos de 5-8 anos) é altamente probable que sexa de 64 bits.

2. Solicitar

Unha vez que temos as bases feitas feitas do paso anterior debemos encher este formulario.

Unha vez que se enche o formulario enviarán un correo electrónico con un código de solicitude: pode tardar uns minutos, un pouco de paciencia. Se non chega, deberás cubrir o formulario de novo, coidando de escribir ben o correo electrónico. Este código de solicitude apúntao, gardao ou teno a man. É importante para o seguinte paso.

3. Acreditación da identidade

Unha vez que temos ese código de solicitude o que deberás facer é acreditar que es ti quen fixo a solicitude. Para eso terás que ir a unha oficina de rexistro co código de solicitude e o carné de identidade (ou documento que te identifique con foto). Deberás ir persoalmente. Non; non vale que vaia túa nai, teu pai, teu irmán… Ti persoalmente.

E a onde teño que ir? A unha Oficina de Rexistro. E cales son as Oficinas de Rexistro? as oficinas da AEAT, as oficinas da Seguridad Social.

Lembra que deberás pedir cita previa na AEAT ou pedir cita previa na Seguridad Social.

4. Descarga do certificado dixital

Fuches a unha Oficina de Rexistro, xa estás acreditado, e volviches ó ordenador. Perfecto. Entón xa podes descargar o certificado dixital. Lembra: mesmo ordenador no que o pediches, mesmo usuario, mesmo navegador.

A propia páxina che acompañará e poderás descargar e instalar o certificado dixital. Unha vez descargado, xa poderás ir a facer calquera trámite coa administración, descargar o programa de AutoFirm@ co que asinar dixitalmente documentos…

No caso de que teñas dúbidas ponte en contacto con nós, é un servizo do CPEIG e da Deputación de Ourense gracias ó convenio asinado.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *