3 aplicacións para reunións e videoconferencias

Published by Luis on

Unha das cousas que seguimos a facer son as reunións, pero agora podemos facelas a distancia. A continuación presentamos 3 aplicacións para reunións e videoconferencias ou videochamadas.

Que é unha videoconferencia

Unha videoconferencia ou videochamadas é unha conferencia na que se transmiten as imaxes e os sons. Esa transmisión se realiza mediante de Internet tamén se pode chamar webconferencia, ou conferencia en liña. Póde atopar máis información na Wikipedia.

Como facer unha videoconferencia

ara facer unha videoconferencia precisanse que tanto a persoa que chama como a que recibe usen a mesma ferramenta: Cisco Webex, Whatsapp, Google Hangouts, Zoom, Skype, Whatsapp…

Normalmente estas ferramentas usan Internet de xeito intenso ó teren que enviar vídeo e son, polo que necesitarán unha boa comunicación, e especialmente se se usan con teléfonos intelixentes en zonas de pouca cobertura.

E sen máis presentamos as 3 ferramentas para facer as videochamadas, videoconferencias e reunións remotas.

Skype

Logotipo de Skype
Videoconferencias con Skype

A primeira das 3 aplicacións para reunións e videoconferencias da que imos falar é Skype. É unha das aplicacións veteranas, pois deseñouse en 2003. É software propietario de Microsoft, e entre as súas funcións permite facer un chat, enviar ficheiros, e por suposto facer as videochamadas.

Con Skype tamén se pode facer chamadas a teléfonos, con tarifa especial. Ten funcionalidades moi interesante como por exemplo facer a gravación da sesión ou da videochamada de xeito gratuíto, ou tamén a de compartir a pantalla dunha das persoas e poder ver o mesmo que ten na pantalla.

Unha ferramenta centrada no que fai e sinxela de utilizar. Pode ter máis información na ligazón do propio Skype.

Microsoft Teams

Microsoft Teams é a evolución e a actualización de Microsoft Skype for Business. Está moi integrado con Microsoft Office 365, permitindo a todas as persoas coas que se traballa falar, chatear, facer reunións, e colaborar dende un único lugar.

Imaxe da aplicación de Microsoft Teams
Microsoft Teams

Microsoft ofrece unha versión de Teams de xeito gratuíto, pero con funcións limitadas, como por exemplo o número de usuarios ou a capacidade de almacenamento na nube.

Hai máis información de Microsoft Teams aquí.

Zoom

Logotipo de Zoom, aplicación de videoconferencias
Zoom, aplicación de videoconferencias

Zoom é unha das ferramentas que se puxeron de moda no 2020 debido á COVID. Permite realizar videochamadas un grande número de persoas: ata 100 persoas. Eso si na súa modalidade gratuíta só permite 40 minutos de sesión.

Un dos puntos chave é que só as persoas que organizan a videoconferenica deben estar rexistradas. Tamén lles permite planificar a hora da chamada.

As persoas que se queiran conectar á reunión, ou sala como tamén lle chaman, deben descargar o programa para poder conectarse.

Aquí pode atopar toda a información de Zoom.

Outras opcións

Hai moitas outras opcións para poder facer as videoconferenicas: Whatsapp, Jitsi Meet, Cisco Webex, Hangouts… Se non atopa a que busca, pódese por en contacto con nós, intentaremos axudalo en todo o posible.