A app “Líneas de Ayuda”
Líneas de Ayuda é unha ferramenta do Ministerio de Asuntos Económicos y Transf. Digital dispositivos móbiles. A app ou aplicación, permite atopar becas, subvencións e premios das diferentes Administracións Públicas. Todo dende un único punto.
Coa app poderase acceder a toda a información de becas, premios e subvencións que publican todas as Administracións Públicas. Na súa pantalla inicial, teremos as últimas convocatorias publicadas, pero tamén poderemos buscar aquelas nas que estemos interesados, e filtrar as convocatorias por palabras chave, ou facer un filtrado coas túas preferencias.
No caso de que se gardeunha busca, a propia aplicación amosará unha notificación cando haxa unha nova convocatoria que cumpra cos criterios da túa busca. Unha grande axuda para non ter que estar a facer a busca en todo momento.
A aplicación está dispoñible para dispositivos con sistema operativo Androis e iOs. Cando a app se descarga dende a Play Store de Android, é unha aplicación de pequeno tamaño (5.5Mb) e que únicamente precisa os permisos de almacenamento e de fotos/multimedia/archivos.
Os dispositivos de Apple compatibles son iPhone, iPad y iPod touch. O seu tamaño é de 12,9Mb, e precisa iOS 8.0 ou superior.
Se tes calquera dúbida, pódenos consultar no formulario de contacto. É un servizo gracias ó Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Deputación de Ourense.
0 Comments