Formar e orientar o emprego con Red.es

Published by Luis on

Formar e orientar o emprego son os dous obxectivos destes dous servizos de Red.es. E con eles, aumentar a empregabilidade xuvenil e das persoas en situación de desemprego.

Os servizos para impulsar o talento e a economía dixital

Estes dous servizos os cales teñen por finalidade formar e orientar o emprego, a entidade pública Red.es vertébrao con dúas bandas. Por unha banda, impulsa a impartición de accións formativas para adquirir e mellorar as competencias persoais e a empregabilidade. E por outra banda, a orientación e a inserción laboral.

Servizo de formación para persoas desempregadas na economía dixital

O servizo de formación para persoas desempregadas na economía dixital ten un orzamento de 11 millóns de euros. Os cursos xirarán en torno a: ciberseguridade, Big Data, Sistemas na Nube, programación web full-stack, marketing dixital, a industria 4.0 e o IoT (Internet das cousas). A súa duración é de 30 meses.

Esta formación será gratuíta, cunha duración mínima de 250 horas de formación, 30 das cales será un módulo de empregabilidade. Os destinatarios serán persoas en situación de desemprego.

Pode consultar máis información nesta ligazón.

Servizo de formación para o emprego xuvenil e na economía dixital

Este servizo formación para o emprego xuvenil e na economía dixital pode ser presencial ou en liña. Está dotado cun importe de 25 millóns de euros e a duración mínima é de 250 lectivas. Este servizo ten por obxectivo adquirir e mellorar as competencias TIC e a prestación dun servizo de orientación laboral.

Máis información deste servizo aquí.

Se estos servizos de Red.es non son o que precisa, quizáis aquí atope unha liña de axuda que sexa do seu interese.