A Arnoia
O concello de Arnoia desenrolou a axuda Plan Reactiva Arnoia para que os seus veciños e veciñas fagan fronte ó COVID-19.
O Plan Reactiva Arnoia
A documentación completa desta axuda pódese consultar nesta ligazón do propio concello de A Arnoia.
As axudas
O concello de Arnoia concederá as axudas segundo se vise afectada ou non polo peche a PEME ou autónomo:
- Serán 400€ se a actividade do autónomo ou a PEME se viu afectada polo peche.
- 250€ no caso de que non se vira afectada polo peche
Se a persoa física ou xurídica non levase máis de 6 meses dada de alta, a contía sería de 100€.

Quen pode solicitar as axudas
Poden solicitar as axudas persoa autónoma, unha microempresa ou PEME que estean empadroados. Tamén a poden solicitar as que teña domicilio fiscal ou o local de desenvolvemento da actividade en A Arnoia.
Non poderán ter débedas co concello, requisito que se verificará de oficio.
Ata cando?
Pódense solicitar estas axudas ata o 24 de agosto no concello, en horario de oficina.
As bases destas axudas do concello de A Arnoia pódense consultar aquí.
Se tes calquera dúbida pódes preguntarnos neste formulario. Este servizo non ten custo gracias ó convenio entre CPEIG e Deputación de Ourense.
0 Comments