Novo encontro informativo: axudas e financiamento para autónomos e pemes

Published by Luis on

O vindeiro xoves 3 de decembro, a partir das 9:00 h, terá lugar un encontro dixital, organizado por AJE Galicia en colaboración coa Xunta e Abanca e dirixido a autónomos e pemes.

Neste encontro dixital informarase das axudas activadas pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo Igape para impulsar a reactivación das microempresas, autónomos e pemes dos sectores e colectivos especialmente afectados pola covid-19.

No webinario participarán o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director do Igape, Fernando Guldrís.

Podes facer a inscrición nesta ligazón. E lembra, que este servizo é un servizo gratuíto grazas á Deputación de Ourense e a CPEIG.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *