Axudas dirixidas a impulsar a ciberseguridade das pemes

Published by Luis on

As axudas dirixidas a impulsar a ciberseguridade das pemes foi publicada no Boletín Oficial del Estado (BOE). O boletín do día martes 24 de novembro recolle as bases para a concesión destas axudas..

Os beneficiarios son pemes españolas. As pemes deben estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e das obrigas coa Seguridade Social.

As axudas para a mellora da ciberseguridade das pemes correspóndense con entre 10 e 20 horas de asesoramento especialidado e individualizado. Inclúe un diagnóstico da situación actual da empresa beneficiaria e unha auditoría de ciberseguridade. Tamén unha proposta de implantación do plan de ciberseguridade e o seguimento das medidas implantadas e a valoración de outras actuacións necesarias.

As solicitudes pódense presentar ata o 24 de xaneiro de 2021 na sede da Escuela de Organización Industrial nesta ligazón.

Para calquera dúbida pode contactar con nós. E lembre que esta información foi proporcionada de grazas a colaboración da Deputación de Ourense e o CPEIG.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *